Xornada de portas abertas con motivo do Día Internacional dos Arquivos
Venres 7 de xuño do 2024 11.30 a 13.30 horas - Arquivo municipal Lingua
O 9 de xuño é o Día Internacional dos Arquivos, pero no Concello de Carballo adiantámolo ao venres 7 para que a veciñanza poida sumarse á celebración. De que xeito? Pois cunha visita guiada ao noso arquivo municipal nunha xornada de portas abertas apta para todas as idades. Achégate de 11.30 a 13.30 horas e coñece o noso arquivo!
Durante o Congreso Internacional de Arquivos celebrado en Viena no ano 2004, máis de 2.000 asistentes solicitaron á Organización das Nacións Unidas (ONU) a creación dun día internacional, e escolleuse esa data porque foi o 9 de xuño de 1948 cando a Unesco estableceu a creación do Consello Internacional de Arquivos, coa finalidade de defender a protección e conservación do patrimonio documental.
No arquivo municipal de Carballo poderás acceder a unha parte do noso patrimonio documental, integrado por documentos institucionais conservados desde séculos atrás pero tamén por fotografías ou obxectos procedentes dos legados de Alfredo Brañas ou Carlos O Xestal.
Se queres saber máis, bótalle unha ollada a este vídeo.