Inicio Carballo ao día Axenda Nova edición da campaña "Que...

Nova edición da campaña "Que rule, que rule!" do CCA

Do venres 10 de maio ata o sábado 1 de xuño do 2024 Comercio de Carballo Promoción Económica

Un ano máis, o CCA pon en marcha unha nova edición da campaña Que rule, que rule! e faino con máis premios, máis sorpresas e maior duración ca nunca para que a clientela do comercio local poida facerse con algúns dos máis de 20.000 boletos que se van distribuír. Durante 21 días, os 59 establecementos participantes lucirán engalanados con elementos distintivos e facilitarán aos seus clientes/as un vale por cada compra realizada para probar sorte na ruleta, que permanecerá instalada na Praza do Concello o sábado 1 de xuño, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

Nesta quinta edición tamén haberá máis premios ca nunca! Máis de 1.000 agasallos directos, desde experiencias gastronómicas (almorzos, xantares, ceas, lotes de conservas, botellas de viño, pan, chocolate, café, cestas-sorpresa), xeados, ocio e benestar (sesión de piscina termal, clases de surf, pádel), vales de alimentación, bonos de saúde e hixiene (clínica dental…). Así mesmo, as persoas que non obteñan un regalo inmediato poderán participar no sorteo de 5 cheques por importe de 100 euros cada un para consumir en calquera dos preto de cen comercios asociados ao CCA.

Outra das novidades desta campaña virá da man dunha fermosa colaboración entre o CCA e a concellaría de Promoción Económica e Turismo do Concello de Carballo con motivo do 10º aniversario do Rexenera Fest, o festival de arte pública que cada ano reúne no noso concello aos mellores artistas de arte urbano do panorama galego, estatal e internacional. Desde o CCA levarán as imaxes dalgúns dos murais máis célebres á súa ruleta en forma de premios variados.

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31