A compañía navarra Led Silhouette pecha Primavera enDanza
Martes 30 de abril do 2024 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura
Dous homes abrazados. Dous homes que bailan sobre a herba húmida, baixo a cúpula estrelada. Sobre a pel do tambor, baixo o repicar das campás. Bailar ata a extenuación, ladrar ata o abatemento, vivir ata desfalecer. O relato dun home que se contempla no outro para atoparse a si mesmo. Los perros, a proposta da compañía navarra Led Silhouette que pecha Primavera enDanza, busca un estado de resistencia ante este tempo convulso que desestabiliza os cimentos das relacións humanas. Como cans que ladran, bailar e ladrar, para avanzar, bailar para cambiar.
O destacado e recoñecido internacionalmente creador Marcos Morau dirixe esta proposta, que viaxa por unha sucesión de imaxes nun cruce de tempos e linguaxes.
Led Silhouette é o proxecto persoal como creadores de Martxel Rodríguez e Jon López, bailaríns da prestixiosa compañía La Veronal. Influenciados pola arte contemporánea, investigan sobre novas formas de movemento, colaborando con artistas visuais, documentadoras ou musicais para xerar atmosferas transformadoras.
Interpretación: Jon López e Martxel Rodríguez
Deseño de iluminación: Andoni Mendizábal
Deseño sonoro: Juan Cristóbal Saavedra
Escenografía: David Pascual
Dirección do proxecto: Led Silhoutte
Coreografía: Marcos Morau en colaboración dos intérpretes
Idea e dirección: Marcos Morau
Duración: 50 min
Público: Adulto
Prezo da entrada: 9 € / 5 €
Rede Galega de Teatros e Auditorios