Inicio Carballo ao día Axenda Segunda edición da Feira do emprego e a...

Segunda edición da Feira do emprego e a formación Sinerxias

Venres 19 de abril do 2024 10.00 horas - Centro social de Bértoa Promoción Económica

O polígono de Carballo acolle a segunda edición da Feira do emprego e a formación Sinerxias, organizada pola comunidade de propietarios do polígono industrial coa colaboración do Concello de Carballo.

A feira celébrase no centro social de Bértoa, e contará coa participación de máis de 25 entidades relacionadas co ámbito laboral: empresas, centros de formación, fundacións, Administracións públicas, centros especiais de emprego... Unha delas será a Bolsa de Traballo do Concello de Carballo (BDT), que dará a coñecer os servizos que presta.

En paralelo desenvolverase un programa de charlas e mesas redondas que abordarán distintos aspectos relevantes sobre a xestión do talento, a formación dispoñible no territorio ou o futuro empresarial da zona. No acto inaugural participará o concelleiro de Innovación, Fondos europeos, Formación, Emprego e Axenda urbana.

Descargas

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31