Inicio Carballo ao día Axenda "Hotel California" protagoniza o...

"Hotel California" protagoniza o Curruncho Pop

Sábado 30 de marzo do 2024 19.30 e 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua

Hotel California, de The Eagles, é o título da canción mais coñecida en todo o mundo saída da escena musical que naceu en Los Angeles, con epicentro en Laurel Canyon, entre finais dos sesenta e comezos dos setenta. Ademais de The Eagles, por ela pasaron The Byrds, Mamas and the Papas, The Flying Burrito Brothers, Poco, Buffalo Springfield e os proxectos en solitario dun montón dos músicos que pasaron por estes e outros grupos, Gene Clark, Neil Young, Stephen Stills e Manassas, James Taylor, Jackson Browne, Joni Mitchell, Linda Ronstadt, Emmylou Harris, Warren Zevon, Carole King e a marabillosa e pouco recoñecida Jackie de Shannon.

O libro conta o nacemento deste movemento, debido, por un lado, ao caldo de cultivo que significaba a concentración de tanto talento, e, por outro, á visión de negocio dun persoeiro que a partires deses intres foi importantísimo no mundo discográfico e do management, David Geffen. Tamén relata o seu rápido e grande desenvolvemento e, finalmente, como foi decaendo, fundamentalmente debido ao consumo de drogas e a sobredosis de éxito de moitos dos seus protagonistas.

Para presentar Hotel California no Curruncho Pop desprazaranse ata Carballo Elvira Asensi, a tradutora, e Carlos Rego, xornalista musical. Os encargados de ilustralo musicalmente serán Lucía Pernas; o propio Carlos Rego, tamén cantante en Tesouro; e Pablo Leira, mugardés que no 2023 publicou un primeiro disco, Dirt, Wood & Grass, que ben podería ter nacido naquela California mítica.

Entrada libre e de balde ata completar capacidade.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4