Educando en igualdade con Apego
Venres 15 de marzo do 2024 17.30 horas - Antigas escolas do xardín Benestar
![](media/../media/img/350x360.jpeg)
Nova sesión do programa “Apego en igualdade”, que se centra precisamente na educación en igualdade. As familias participantes explorarán diferentes aspectos relacionados coa socialización de xénero e como esta afecta na forma de ser, sentir e facer de modo diferente en función do sexo co que nacemos.
Actividade destinada a familias con fillos/as de 0 a 6 anos.
Desenvolverase a partir das 17.30 horas nas antigas escolas do xardín, e haberá servizo de canguraxe sempre e cando haxa un mínimo de 10 familias interesadas. Se es unha delas debes facelo constar na inscrición. Envía os teus datos a snl@carballo.gal
Organizan as concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística.