"Mermelhada", coa compañía madrileña El retablo
Domingo 3 de marzo do 2024 18.00 horas - Pazo da Cultura Cultura
No país das fadas, onde todo é fabuloso, vive a pequena Mermelhada, unha fada bondadosa que sempre intenta facer boas accións, pero, moitas veces, sáenlle mal... Desencantada coa súa condición de fada, achégase a unha bruxa para que lle aprenda trucos e secretos de sabedoría ancestral. Xuntas enfrontaranse a desafíos extraordinarios e descubrirán onde reside o verdadeiro poder da maxia.
Da man de Pablo Vergne, recoñecido creador especializado en espectáculos para público familiar, títeres, obxectos e sombras crean esta tenra historia de maxia e amizade que nos convida a cambiar a mirada dos contos de fadas.
Rede Galega de Teatros e Auditorios
Intérpretes: Alba Vergne e Daniela Saludes. Deseño de monicreques e espazo escénico: Eva Soriano e Ricardo Vergne. Coreografías: Alba Vergne. Dirección e dramaturxia: Pablo Vergne Duración: 45 min | Público: A partir de 3 anos Entrada: 5 € / 3 €