Inicio Carballo ao día Axenda "Cueiros de cores", cos Ratos de...

"Cueiros de cores", cos Ratos de Lonxedetodo

Mércores 20 de decembro do 2023 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua

Esta semana acompañaremos á Ratiña Faifá facendo ximnasia: arriba, abaixo, diante, detrás, abrir, pechar... Pero interromperanos un imprevisto en forma de necesidade fisiolóxica. Aproveitaremos este momento para falar de cueiros e penicos. E continuaremos descubrindo as nosas emocións e as dos demais a través dun divertido xogo no que o protagonista é... ¡un monstro!

Actividade dirixida a nenas e nenos de 4 a 8 anos.
Capacidade limitada, con inscrición previa telefónica no 981 758 580. O horario de chamadas é de luns a venres de 10:00 a 20:00 e os sábados de 10:30 a 13:00.
Dúas sesións: 17:00h e 18:30 h.

ACCESO
Deberanse seguir as indicacións do persoal bibliotecario á hora de ocupar o espazo no que se desenvolverá a actividade.
Pregamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión ás persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D