Inicio Carballo ao día Axenda "Chapuzando en familia", nova proposta...

"Chapuzando en familia", nova proposta con Apego

Mércores 11 de outubro do 2023 A partir das 18.00 horas - Piscina Vila de Noia Lingua

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo organiza unha nova actividade con Apego: Chapuzando en familia, unha proposta dirixida a nenos e nenas de 1 a 4 anos que intenta facilitar o contacto das crianzas coa auga e coa lingua galega, da man dos seus pais e nais, co fin de potenciar a súa relación afectiva mentres reforzan a súa personalidade e independencia. Colabora Carballo Deporte.

Lugar: piscina municipal Vila de Noia

Data: mércores, 11 de outubro de 2023

Horarios
1)  De 18.00 a 18.30 h (1 e 2 anos) - Entrada a vestiario 17:45 h     
2) De 18.30 a 19.00 h (2 e 3 anos) - Entrada a vestiario 18:15 h
3) De 19.00 a 19.30 h (3 e 4 anos) - Entrada a vestiario  18:45 h

Inscrición: no enderezo electrónico snl@carballo.gal (As familias aceptadas por orde de recepción do correo, ata completar o límite de prazas, recibirán unha mensaxe de confirmación)

Material necesario: bañador, chancletas e gorro para pais/nais e bañador (desbotable para menores de 3 anos), chancletas e gorro para cativos/as.

Compartir:


- 2024 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D