Volve Bercamel, a feira do mel de Carballo
Domingo 10 de setembro do 2023 09.00 a 14.00 horas - Praza do Concello Promoción Económica
A Asociación Galega de Apicultura (AGA), a través da súa delegación na nosa comarca, organiza a segunda edición da Feira Bercamel para seguir afondando en cuestións de interese para as persoas que se dedican á produción pero tamén de difundir as excelencias do mel entre toda a poboación. O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Feiras e Mercados, colabora coa iniciativa.
PROGRAMA
- 11.00 horas. Información sobre o número de raíñas de avespa velutina capturadas durante a campaña de trampeo
- 12.00 horas. “Etiquetado do mel”, a cargo dun veterinario de AGA
- 13.00 horas. Demostración da elaboración das láminas de cera para as colmeas
- 13.30 horas. Degustación de meles cinco estrelas
- 13.50 horas. Sorteo de dúas cestas de produtos apícolas. As rifas entregaranse con cada compra