A compañía de danza Elahood presenta o espectáculo "Nó"
Venres 28 de abril do 2023 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura
Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é. Esta frase é o punto de partida de Nó, o espectáculo que presenta a compañía galega Elahood nesta Primavera enDanza. Unha mesaxe contraditoria que Elahood nos anima a descifrar por nós mesmos. Onde reside a importancia do importante? A precariedade laboral ou a identidade de xénero transitan pola peza anticipando unha ruptura co preestablecido.
Nó é unha proposta de danza urbana desde a creación contemporánea cunha coidada linguaxe visual, que abraza a presenza do texto, a voz e a ironía.
- Interpretación: Julia Laport, Sabela Domínguez.
- Audiovisual: Iria Casal.
- Escenografía: Anahí Taraburelli.
- Espazo sonoro: LLXNTO e Bruno Baw.
- Deseño de iluminación: Afonso Castro.
- Dramaturxia: Gena Baaamonde e Elahood.
- Coreografía: Julia Laport, Sabela Domínguez e Aina Lamas.
- Dirección: Julia Laport, Sabela Domínguez e Kerick Sandy.
- Coprodución co Centro Coreográfico Galego
Espectáculo da Rede Galega de Teatros e Auditorios
- Duración: 65 min
- Público: adulto
- Prezo da entrada: 4 € / 3 €