O alumnado de cociña do Fórum ofrece unha nova degustación no mercado
Xoves 20 de abril do 2023 Horario de mañá - Mercado municipal
O alumnado de cociña do obradoiro de emprego Fórum Dual iniciou o xoves 30 de marzo, coincidindo co mercado semanal, unha serie de degustacións que, ademais de poñer en valor a formación que están a recibir os alumnos e alumnas, contribuirán á promoción dos produtos de proximidade e permitiranche comprobar a súa gran calidade. A próxima está prevista para este xoves 20 de abril, e a partir de aí repetiranse quincenalmente.
Todas as persoas que se acheguen ata o mercado poderán degustar as tapas preparadas polo alumnado de cociña, que nesta ocasión ofrecerá boliños de año ao vapor e xarda mariñada con escuma de aguacate.