Inicio Carballo ao día Axenda Nova ruta con Senda Nova para escoitar "O...

Nova ruta con Senda Nova para escoitar "O son do Anllóns"

Domingo 23 de abril do 2023 Saída ás 09.15 horas - Rúa Venezuela Participación veciñal

Despois da Ruta do Xestal, a Primavera en Ruta da asociación ambiental Senda Nova continúa cos seus percorridos máis coñecidos, e este domingo 23 é a quenda de O son do Anllóns, un percorrido polas beiras do río bergantiñán que levará ás persoas participantes por terras dos concellos de Carballo, Coristanco e Cabana.

A saída dende Carballo realizarase ás 09.15 horas. O punto de encontro será a rúa Venezuela. As inscricións poden realizarse ata o venres na base de Protección Civil (edificio do ambulatorio vello, 2º andar), de 09.30 a 13.30 horas.

Unha das características das rutas organizadas pola asociación ambiental Senda Nova é o aspecto interpretativo, intentando fomentar o compromiso coa contorna e o respecto polos lugares de especial sensibilidade ambiental. Deste xeito, os grupos teñen limitado o número de participantes, e no desenvolvemento das rutas téñense en conta as singularidades ambientais dos lugares de paso.

TEN EN CONTA

  • As actividades teñen de duración mañá e tarde. A organización facilita bocadillos a todas as persoas participantes para converter o almorzo tamén nunha experiencia colectiva. 
  • A saída dende Carballo realízase ás 09.15 horas dende a rúa Venezuela. Prégase puntualidade.
  • O transporte tamén corre a cargo da organización.
  • As rutas son interpretativas, con paradas para coñecer mellor a contorna.
  • As persoas participantes deben levar calzado e roupa axeitados, mochila, impermeable, navalla, gorra e protección solar.

Descargas

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4