Inicio O Concello Axenda institucional Presentación do calendario do Concello de...

Presentación do calendario do Concello de Carballo para o 2023

Luns 5 de decembro do 2022 13.00 horas - Mercado Municipal

Xa está aquí o calendario do Concello de Carballo para o ano 2023. A presentación realizarase o luns 5 de decembro, ás 13.00 horas, nun acto público que se celebrará na planta baixa do Mercado Municipal (acceso pola rúa Cervantes).

O calendario do próximo ano fai un percorrido por todas as parroquias do noso concello a través de imaxes e textos. Na súa elaboración participaron o fotógrafo Oti Fernández; Ramón Varela, da Escola do Alprende de Oza, e o profesor e autor de varias publicacións Evaristo Domínguez Rial. Xunto a eles estarán a concelleira de Normalización Lingüística, Maruxa Suárez, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Compartir: