Xornada do Sindicato Labrego Galego sobre os cambios da PAC
Mércores 23 de novembro do 2022 11.00 a 13.00 horas - Fórum Carballo Promoción Económica
O Sindicato Labrego Galego (SLG) organiza unha xornada informativa sobre Os cambios da PAC no 2023. A iniciativa é de gran interese para a xente labrega, xa que a temática que se abordará está moi relacionada cos ingresos nas granxas. Falarase de novos pagos, conversión dos dereitos, ecoréximenes, condicionalidade reforzada, agroambientais... aspectos que se modifican con respecto á anterior PAC.
Máis información nos teléfonos 981 682 908 / 649 886 267.