"Leo e as cores", un espectáculo de Trémola Teatro para bebés
Mércores 23 de novembro do 2022 18.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua
![](media/../media/img/TEATRO-MADRID-teo_y-los-colores-ARTESPACIO-PLOT-POINT-1.jpg)
Leo é o león máis curioso de toda a selva. Un día, unha chuvia de pompas quítalles ao Elefante Ante e á Tartaruga Uga as súas cores. Será quen Leo, coa axuda dos nenos e nenas, de devolverlles as cores aos seus amiguiños?
A través de diferentes elementos sensoriais, Leo axudaranos a coñecer e desfrutar das cores neste espectáculo de Trémola Teatro para os máis pequenos e as máis pequenas da casa. Un espectáculo con Apego organizado polo Servizo de Normalización Lingüística.
Espectáculo: "Leo e as cores"
Público: nenos e nenas de 6 meses a 3 anos (máximo unha persoa adulta acompañante por bebé)
Inscrición: de balde no teléfono 981 75 85 80 ata completar aforo