"Contos de Perrault" con Trinketrinke. Entradas esgotadas
Mércores 16 de novembro do 2022 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura
Os Ratos de Lonxedetodo volven á Biblioteca Rego da Balsa cos Contos de Perrault. Charles Perrault foi un autor e compilador francés de contos que están no imaxinario de todos nós: A carapuchiña vermella, A cincenta, A bela dormente, Polgariño… Así e todo, cómpre revisar a obra deste escritor do século XVII desde a perspectiva do XXI, en especial aqueles contos que perpetúan unha visión machista da sociedade.
Entradas esgotadas.
Trinketrinke fai animación á lectura desde o teatro. Os conductores das actividades para nenos e nenas de 4 a 8 anos son uns personaxes fantásticos: os Ratos da Biblioteca, que proceden dun lugar chamado Lonxedetodo, onde os libros e a lectura ocupan un lugar sobranceiro na vida da comunidade. Os obxectivos dos espectáculos son promover a lectura, espertar o gusto pola literatura, estimular a sensibilidade, a imaxinación, a creatividade e o espírito crítico dos nenos e nenas a través da narración dos contos e, singularmente, dos distintos xeitos de contalos.