Seminario de intelixencia empresarial e ciberseguridade
Mércores 26 de outubro do 2022 10.00 a 13.00 horas - Fórum Carballo Promoción Económica
A Concellaría de Promoción Económica organiza un Seminario de intelixencia empresarial e ciberseguridadepara dar resposta a un dos principais problemas de seguridade aos que se enfronta a empresa actual. O programa é o seguinte:
- 10.00 horas. Apertura a cargo do concelleiro de Innovación, Formación e Emprego, Iván Andrade Tasende.
- 10.05 horas. “A ciberseguridade nas pemes”, con Ana Isabel Páramo.
- 11.15 horas. Pausa-café
- 11.45 horas. “Novos protocolos para a prevención do fraude online”, con Luis Jurado.
- 12.45 horas . Clausura, a cargo do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.
Relatores/as
Ana Isabel Páramo é licenciada en Dereito pola Universidade Pontificia de Comillas, experta en análise de intelixencia, con seis anos de experiencia no sector de seguros de crédito á exportación e vinte no Ministerio de Defensa como analista de intelixencia e formadora. Colabora con varias universidades españolas e dende o ano 2019 dirixe a súa propia consultoría sobre intelixencia empresarial, La escuela de inteligencia.
Luis Jurado, socio director da área penal de Perseus & RC Avogados, é avogado penalista especializado en delitos informáticos. Formador do Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe) e da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).