Charla sobre o desenvolvemento eólico no rural galego
Venres 21 de outubro do 2022 19.00 horas - Centro social de Imende Participación veciñal
Continúan as actividades incluídas no programa Actívate no outono, que se levan a cabo no centro social de Imende promovidas polo Concello de Carballo e o Consello Parroquial de Noicela-Rebordelos. Neste caso abordarase a problemática dos parques eólicos, un tema no que a veciñanza destas dúas parroquias ten amosado gran interese e sobre o que quería ter unha opinión experta.
Para tratar este tema contaremos con Fins Eirexas, xeólogo e secretario técnico de Adega, que abordará A problemática do desenvolvemento eólico no rural galego. No seu relatorio falará do marco normativo e da perspectiva histórica, dos impactos ambientais e socioeconómicos dos parques eólicos e das propostas de mellora tanto en modelos de implantación como a nivel de contratos ou acordos.
A entrada é libre e de balde.
Consulta no cartel as próximas actividades.