Sesión de baile para maiores co dúo Marineda
Sábado 12 de novembro do 2022 18.00 a 21.00 horas - Centro social de Sofán Participación veciñal
Os bailes para maiores chegan esta semana a Sofán, onde pechamos o ciclo de sesións polas parroquias antes de recuperar as citas semanais habituais no Pazo da Cultura. Esta semana en Sofán volveremos a contar coa música en directo do dúo Marineda, que actuará de 18.00 a 21.00 horas.