Inicio Carballo ao día Axenda As Noites de Cine chegan a Baldaio con...

As Noites de Cine chegan a Baldaio con "Jumanji: seguinte nivel"

Mércores 17 de agosto do 2022 22.00 horas - Pedra do Sal Cultura

As Noites de Cine chegan a Baldaio cunha película de acción e aventuras para toda a familia, xa que está recomendada para maiores de 7 anos. Coa colaboración da Asociación Cultural O Castro de Lema, ás 22.00 horas realizaremos na Pedra do Sal, xunto ao mar, unha proxección aberta a todo o público.

En Jumanji: seguinte nivel, os xogadores volven ao xogo, pero os seus personaxes intercambiáronse entre si, o que ofrece unha curiosa formación: os mesmos heroes con distinta aparencia. Pero onde está o resto da xente? Os participantes só teñen unha opción, xogar unha vez máis a esta perigosa partida para descubrir que é o que está pasando realmente. 

Película do 2019 nomeada aos mellores efectos visuais ou de animación nos Premios de Cine Australianos do 2020.

Vídeos

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D