Inicio Carballo ao día Axenda Andaina popular para celebrar o Día do...

Andaina popular para celebrar o Día do Peón

Mércores 17 de agosto do 2022 19.30 horas - Saída do Centro Comercial Bergantiños Deporte

Un ano máis, a Concellaría de Mobilidade quere convidar a toda a cidadanía a camiñar o 17 de agosto, porque non hai mellor maneira de celebrar o Día Mundial do Peón que tomando as rúas cos medios de locomoción máis antigos, sans e sostibles: os nosos pés.

Pero se ademais de saír andar como tanta xente fai a diario, se queres facelo dun xeito organizado non tes máis que anotarte para participar na ruta que realizaremos polas sendas ciclo-peonís do proxecto Cicl-ando Carballo. O punto de encontro será o aparcamento do Centro Comercial Bergantiños-Gadis Híper, onde serás recibido/a cun agasallo moi práctico para os teus paseos cotiáns. Ás 19.30 empezaremos a camiñar cara o polígono de Bértoa para realizar un percorrido dunha hora de duración, aproximadamente, e apto para todas as idades.

Únete e camiña con nós! Podes inscribirte de xeito presencial na Biblioteca Rego da Balsa ou de maneira telemática cubrindo o formulario que atoparás ao final desta nova.

Sabías que...?

O Día do Peón naceu co argumento da seguridade viaria? O 17 de agosto de 1897 a moza Bridget Driscoll morría arroiada por un coche no que veu considerar o primeiro sinistro viario do que se ten noticia. Por tanto, a loita contra a violencia viaria debe ser o motivo principal deste día. E un xeito eficiente de loitar pola seguridade das persoas é a transformación das cidades en espazos máis amables e libres dun excesivo número de riscos. Ese é o noso obxectivo.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D