O Concurso de Cachelas do San Xoán cumpre 33 anos
Xoves 23 de xuño do 2022 Percorrido a partires das 19.30 horas Cultura
Co obxecto de promover unha das manifestacións culturais máis importantes da celebración do San Xoán e recuperar unha tradición popular, a Asociación Cultural San Xoán, comisión organizadora das Festas de San Xoán 2022, organiza o XXXIII Concurso de Cachelas.
As 20 primeiras cachelas inscritas que participen no Concurso e non resulten premiadas correspóndelle unha gratificación de entre 20 € e 50 €, segundo determine o xurado en función da súa calidade. Se o xurado considera que a súa calidade non é suficiente poderán non ter dereito a esta gratificación.
A valoración das cachelas realizarase, antes da súa queima, entre as 19.30 h e as 23.00 h do día 23 de xuño. Para realizar a valoración das cachelas o xurado terá en conta a orixinalidade do deseño e a súa elaboración (tamaño, materiais empregados, calidade da execución...).
As cachelas gañadoras recibirán os premios que se sinalan a continuación, e poderá o xurado deixar deserto algún deles se o estima oportuno:
1º Premio: 600 € (aplicaráselle a retención fiscal correspondente) e trofeo Sargadelos patrocinado por Calvelo Platería
2º Premio: 300 €
3º Premio: 200 €
4º Premio: 150 €
Así mesmo o xurado poderá outorgar accésits por un valor de 200 € se o considerase pertinente.