Actuación da Aula de Teatro Municipal na Residencia de Maiores
Xoves 16 de xuño do 2022 19.00 horas - Residencia de Maiores Cultura
A Aula de Teatro Municipal de Carballo representa dúas obras creadas durante o curso, Ata que a morte nos separe e Unha cousa pola outra, na Residencia de Maiores da Praza de Vigo.
A actuación está aberta a todo o público interesado, que poderá acceder de maneira libre e gratuíta.