Inicio Carballo ao día Axenda "Welcome to ma maison", no Ciclo Mestre...

"Welcome to ma maison", no Ciclo Mestre Mateo

Venres 10 de xuño do 2022 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Carballo volve a converterse nun centro de referencia audiovisual, xa que é o único concello da Costa da Morte e un dos poucos da provincia incluído no circuíto de proxeccións do ciclo Mestre Mateo, que achegará o máis destacado do cinema galego actual a un total de 19 localidades da comunidade autónoma. Nesta ocasión, a cinta proposta é "Welcome to ma maison".  Dirixido por Andrés Goteira, despois do éxito colleitado pola súa ópera prima Dhogs, o documental é unha viaxe real e ficcionada do actor Igor Fernández, quen, despois dunha crise, decide abandoar a interpretación para dedicarse á investigación cinematográfica. O seu proxecto de estudo da linguaxe das mans na filmografía de Nicolas Winding Refn, lévao a intentar coñecer en persoa ao cineasta danés, para poder escribir o capítulo final da súa investigación.

A película, producida por Gaitafilmes en colaboración con Mordisco films, parte dun guión co-escrito por Igor Fernández e Andrés Goteira, quen tamén foi responsable da montaxe. A dirección de fotografía correu a cargo de Lucía C. Pan. Estreada na 59ª edición do Festival Internacional de Cine de Xixión, Welcome to ma maison tamén pasou por festivais como Play Doc e foi finalista na categoría de Mellor Documental nos XX Mestre Mateo.

SINOPSE

Igor NON quere atracar unha xoiería. Igor NON está obsesionado coas mans. Igor NON é fan do director Nicolas Winding Refn. Igor NON viste xerseis de nadal. Igor NON é Igor (e isto NON é un falso documental), é unha longametraxe que inicia unha viaxe a Los Ángeles para coñecer ao director Nicolas Winding Refn e, ó non atopar o seu rumbo, camiña cara o interior do seu protagonista percorrendo a difusa liña entre o actor, a persoa e o personaxe. Un documental experimental construído con imaxes reais, sentimentos sinceros e problemas verdadeiros. Un falso documental, rodado a modo de making of, onde todo o que se mostra é 100% real.

FICHA TÉCNICA

  • Produción Executiva: Suso López, Andrés Goteira, Laura Doval, Adrián Folgueira, Alberto Díaz
  • Produtora: Gaitafilmes en colaboración con Mordisco Films
  • Guión: Andrés Goteira, Igor Fernández
  • Montaxe: Andrés Goteira
  • Cor e formato: Alberto Díaz
  • Música final: Bioskope
  • Música de fondo: Andrés Goteira
  • Operadores de cámara: Nacho Ozores, Lucía C. Pan, Andrés Goteira, Igor Fernández, Félix Brixel
  • Director de produción: Suso López
  • Axudante de produción: Laura Doval
  • Auxiliar de produción: Andrés García
  • Axudante de montaxe: Nacho Ozores
  • Auxiliares de montaxe: Paula Quiroga, Felix Brixel
  • Montaxe de son: Óscar Nieto
  • Misturas de son: Javier Pato
  • Estudo de son: La Panificadora Estudios
  • Márketing e comunicación: Laura Doval, René Ogando
  • Deseño: Tania Villaga
  • Subtitulado: Pequerrecho Entertainment

Compartir:


- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
27
28
29
30