Vagalume participa no encontro de teatro afeccionado "Marusía escénica"
Domingo 22 de maio do 2022 12.00, 18.00 e 20.00 horas - Pazo da Cultura Cultura
Compañías de teatro afeccionado de catro concellos unen forzas para desencadear unha Marusía escénica que inundará os escenarios das comarcas de Bergantiños e As Mariñas. A Asociación Cultural Vagalume de Carballo, a Escola Municipal de Teatro de Sada, a Asociación Cultural Catro Gatos de Bergondo e o Centro Municipal de Artes Escénicas de Oleiros inician no noso concello unha xira que os levará por cada unha destas catro localidades ata o 11 de xuño.
O programa desta primeira parada é o seguinte:
- 12.00 horas. Residencia de Artistas (Escola Municipal de Oleiros
- 18.00, Historias de amor (Vagalume)
- 20.00, Dramatizadas (Asociación Catro Gatos de Bergondo).
Organizan Concello de Carballo e Vagalume. Colaboran os concellos de Sada, Bergondo e Oleiros.