Teatro do Atlántico presenta "Libre coma os paxaros"
Xoves 12 de maio do 2022 20.30 horas - Pazo da Cultura Cultura
Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais.Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo; e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar.
Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o silencio que todo o envolve.
Muller.
Filla de nai solteira. E de pai cura. Escritora. E poeta. Galega de pensamento libre. Libre coma os paxaros.
Chámase María Rosalía Rita de Castro.
A compañía Teatro do Atlántico presenta o seu espectáculo Libre como os paxaros, no que os textos de Rosalía de Castro están presentes nos acontecementos do día a día da sociedade contemporánea. Unha certeza que dá noticia da impresionante vixencia da obra rosaliana.
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Título: Libre coma os paxaros
Textos: Rosalía de Castro
Composición musical: Vadim Yukhnevich
Gravación: Mauricio Caruso
Espazo escénico e iluminación: Antonio F. Simón / Xúlio Lago
Vestiario: Susa Porto
Fotografía: Tino Viz/Margen
Realización de vídeo: e-Me Comunicación
Técnicos de Escena: RTA
Dramaturxia e Dirección: Xúlio Lago
Actriz: María Barcala
Programa das Letras
Organizan: Concellaría de Cultura e Concellaría de Normalización Lingüística
Colabora: Deputación da Coruña