Inicio Carballo ao día Axenda "Caras da alma", exposición de...

"Caras da alma", exposición de pintura intuitiva de Maribel Castiñeira

Do mércores 27 de abril ata o domingo 29 de maio do 2022 17.00 a 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

«Caras da alma» é o título da exposición de pintura intuitiva de Maribel Castiñeira (XMÑ), que estará aberta no andar -1 do Pazo da Cultura dende o 27 de abril ata o 29 de maio.

Residente no lugar de Xermaña –motivo polo que firma os cadros como XMÑ, en Caión, Maribel despregou as súas inquietudes artísticas especialmente nos últimos dous anos. Coincidiu coa pandemia do coronavirus, cando, animada por unha sobriña que traballara profesionalmente en galerías de arte, decidiu dedicarlle máis tempo á pintura, que descubrira tempo atrás.

A inauguración da exposición está prevista para mércores 27 ás 20.30 horas. A artista estará acompañada polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. A entrada ao acto é libre.

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31