Inicio O Concello Axenda institucional Evencio Ferrero asiste á...

Evencio Ferrero asiste á presentación das conclusións do proxecto Acadas

Venres 22 de abril do 2022 11.00 horas - Fórum Carballo

O centro educativo Aspaber vén de finalizar a coordinación do proxecto Acadas no marco do Erasmus+ KA2 Intercambio de boas prácticas para a prevención, intervención e seguemento de persoas con diversidade funcional en particular risco de abandono escolar temperá. 

A presentación das conclusións realizarase o venres 22 de abril no Fórum Carballo, co seguinte programa:

  • 11.00 - Benvida ás persoas asistentes. 
  • 11:10.- Apertura do acto a cargo do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. 
  • 11:15.- Presentacion das conclusións : Susana Villar Silván, Valvanuz Coterillo Frias e Sara Pombo Trigo, mestras do centro eduativo Aspaber. 
  • 12:00 - Peche do acto.

Compartir: