Inicio Carballo ao día Axenda Prazo de preinscrición para os Campamentos...

Prazo de preinscrición para os Campamentos deportivos de verán da Deputación da Coruña

Do mércores 13 de abril ata o venres 20 de maio do 2022 Deporte

O Concello de Carballo dispón de 12 prazas para a quenda do 10 ao 15 de xullo dos “Campamentos deportivos de verán 2022”, organizados pola Deputación da Coruña e que se celebrarán nas instalacións do IES Rosalía Mera, no concello de A Coruña.

A actividade vai dirixida a nenos/as nados/as entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013, empadroados/as no concello de Carballo. A cota de participación é de 85 euros e o prazo de preinscrición estará aberto do 13 de abril ao 20 de maio. O impreso de solicitude pode descargarse máis abaixo. No suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas realizarase un sorteo público o venres 26 de maio ás 9:30 h. na Casa do Concello.

Descargas

Compartir:


- 2022 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
9
11
14
15
16
17
18
21
22
23
24
26
27
28
29
30
31