Inicio Carballo ao día Axenda DA.TE DANZA chega dende Granada co...

DA.TE DANZA chega dende Granada co espectáculo familiar "Natanam"

Domingo 8 de maio do 2022 18.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Cada persoa brilla con luz propia entre tódalas demais. Nesta peza vemos dous amigos que se atopan nunha sala de xogos. Descobren que hai auga, lume, vento e terra ordenados e a súa disposición. Un espazo de xogos pode ser unha praia, un deserto, pode ser o mar. E tamén... cando estamos sós, pode ser moitos mundos.

Natanam significa danza en sánscrito, e ese é o punto de partida, darlle aos máis pequenos un espazo e un tempo de sensacións a partir da pureza da danza, elemento fundamental para abordar a educación emocional.

Tras máis de 20 anos creando e con 25 espectáculos estreados e dirixidos a público familiar, a compañía DA.TE Danza tráenos Natanam, Premio Feten 2021 ao Acercamento da Danza á Primeira Infancia.

Dirección e coreografía: Omar Meza.
Dramaturxia: Lola Fernández.
Elenco: Raúl Durán e Mª José Casado.
Deseño de iluminación: Aitor Palomo.
Composición musical: Jesús Fernández e David Campodarve.
Vestiario: Laura león.

Duración: 40 min
Público: A partir de 2 anos
Prezo da entrada: 4 € / 3 €
Espectáculo da Rede Galega de Teatros e Auditorios

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
27
28
29
30