Inicio Carballo ao día Axenda Magin Blanco, protagonista do Curruncho Pop

Magin Blanco, protagonista do Curruncho Pop

Sábado 21 de maio do 2022 19.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Magín Blanco é un compositor, guitarrista e cantante galego moi coñecido polo público cativo. Pero comezou a súa carreira musical no grupo ourensán La Rosa, co que editou catro discos entre 1988 e 1995. Desde o ano 2006, lanzou tres discos en solitario antes de dedicarse á música infantil. En 2012, máis de trinta músicos (Xoel López, Xabier Díaz, Uxía, Santi Campos entre outros) colaboraron no disco-tributo ‘Doutor Apertas’.

En Carballo estará acompañado polo músico, xornalista e escritor ourensán Carlos Rego para presentar o libro Magín Blanco. O camiño da luz, que fai un percorrido biográfico pola particular carreira deste músico.

Entrada libre e de balde ata completar aforo.

Compartir:


- 2022 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
9
11
14
15
16
17
18
21
22
23
24
26
27
28
29
30
31