Actividade de Adega en Baldaio con motivo do Día Mundial dos Humidais
Mércores 2 de febreiro do 2022 Mañá e tarde - Lagoa de Baldaio Participación veciñal
O mércores 02 de febreiro, Día Mundial dos Humidais, ADEGA vai realizar unha descuberta de biodiversidade na Lagoa de Baldaio. O bioblitz será de mañá e tarde e estará dedicado a inventariar a fauna da zona húmida, prestando especial atención ás aves refuxio durante o inverno de numerosas especies.
Para asistir será preciso inscribirse enviando un correo electrónico a ramses@adega.gal ou chamando ao 616 23 80 50.
Esta actividade, na que colabora o Concello de Carballo, forma parte do proxecto de Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e a flora da Costa da Morte, desenvolvido co apoio da Acción Social de CaixaBank a través a súa liña de colaboración con entidades para apoiar iniciativas e proxectos encamiñados á mellora do patrimonio natural, a través da protección da biodiversidade, a innovación ambiental e a loita contra a despoboación.