Inicio Carballo ao día Axenda A exposición "Facer...

A exposición "Facer camiño" amosa a mellor arte galega

Do mércores 22 de decembro ata o luns 24 de xaneiro do 2022 17.00 a 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguel Anxo Prado, 12 dos creadores máis importantes de Galicia, unen as súas obras na exposición “Facer Camiño”, organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes, a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo. 

A mostra pode verse ata o 24 de xaneiro na sala Alberto Gende do Pazo da Cultura. O público pode gozar das 23 pezas que a integran: pinturas, esculturas e fotografías de relevantes artistas galegos, froito dunha escolma realizada pola comisaria da mostra, Asunta Rodríguez, creando un fío condutor a través de citas e referencias a Santiago de Compostela e á peregrinación xacobea de autores coma Dante, Federico García Lorca ou Vicente Risco.

Compartir:


- 2024 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
8
9