Rocódromo e tirolina para nenos/as de 4 a 12 anos
Do mércores 22 de decembro ata o xoves 30 de decembro do 2021 Praza do Concello e Parque Rego da Balsa Cultura
Entre as actividades programadas pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo para o Nadal recuperamos dúas instalacións de gran éxito entre o público infantil. Volven o rocódromo e a tirolina para que os nenos e nenas de 4 a 12 anos desfruten das vacacións xogando e facendo deporte ao aire libre.
O rocódromo estará instalado na Praza do Concello e a tirolina, no Parque Rego da Balsa. En ámbolos dous casos, o horario de funcionamento será de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30, agás o día 25, no que só abrirán pola mañá. O acceso estará permitido ata unha hora antes do peche, tanto pola mañá coma pola tarde.
O rocódromo e a tirolina serán gratuítos, pero para acceder será preciso presentar un tiquet de compra en calquera establecemento comercial de Carballo con data posterior ao 20 de decembro.