Inicio Carballo ao día Axenda “Tecendo rede, tecendo recordos”,...

“Tecendo rede, tecendo recordos”, exposición de Afaber sobre o alzheimer

Do xoves 16 de decembro ata o xoves 23 de decembro do 2021 17.00 a 21.00 horas - Pazo da Cultura Benestar

Afaber, coa colaboración da Federación Alzheimer Galicia (Fagal) leva ao Pazo da Cultura a exposición “Tecendo rede, tecendo recordos” para sensibilizar á sociedade sobre o alzheimer. O obxetivo principal é mostrar o traballo realizado polas asociacións de familiares e a súa dedicación á hora de acompañar e apoiar ás persoas con demencia e o seu entorno.

Baixo o lema “Tecendo rede, tecendo recordo” pretenden amosar, a través desta exposición fotográfica, o traballo continuado que desde a rede de asociacións de alzhéimer de Galicia se veu facendo dende sempre, pero con máis esforzos se cabe durante a pandemia da COVID-19. Esta situación excepcional sacou a relucir a importancia que teñen estes servizos para a mellora da calidade de vida das persoas con demencia e as súas familias, contribuíndo a retrasar o avance da enfermidade e, en definitiva, axudando a seguir tecendo recordos o maior tempo posible.

A presentación da exposición será o xoves 16 de decembro ás 19:30h, na sala situada fronte ao auditorio do Pazo da Cultura, onde poderá visitarse ata o día 23.

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D