Carballo acolle a 1ª Feira do Mercado Social
Domingo 12 de decembro do 2021 10.30 a 19.30 horas - Planta alta do Mercado Municipal Participación veciñal
Impulsar e apoiar unha rede de empresas solidarias, que fomenten o respecto ás persoas e ao medio ambiente en todos os ámbitos da economía, é o obxectivo da 1ª Feira do Mercado Social, que se celebrará o domingo 12 de decembro na planta alta do Mercado Municipal, e que está organizada pola Oficina de Promoción Económica do Concello de Carballo coa colaboración de REAS Galicia, unha rede de empresas con características éticas e solidarias que desenvolven a súa actividade na nosa comunidade autónoma e que está constituída na actualidade por 25 entidades.
A 1ª Feira do Mercado Social encherá de actividade o Mercado Municipal durante toda a xornada do domingo, coincidindo coa tradicional feira do segundo domingo de mes. Aquí tes a programación:
- 10.30 horas. Apertura da feira
- 10.00 a 11.50h. Mesa de experiencias sociais
- 12.00h. #AquíeAcoláOXusto. Mapa de Solidariedade Internacional sobre o consumo.
- 13.00h. Sesión vermú con Aldaolado
- 14.30 a 17.00h. Descanso (o recinto estará pechado)
- 17.00h. Obradoiro de sensibilización sobre accesibilidade universal. Praxxis Inclusión.
- 18.00h. Xarope Tulú presenta o espectáculo “Utopías” para o público familiar.
- 19.30h. Clausura