Descubre as "Pegadas do wolframio" coa Asociación Senda Nova
Domingo 21 de novembro do 2021 Saída ás 08.15 - Rúa Venezuela Deporte
A Asociación Ambiental Senda Nova convídate a descubrir as Pegadas do wolframio nunha nova entrega do Outono en ruta, o xa clásico programa que mestura deporte, natureza e cultura ao longo de distintas rutas pola comarca de Bergantiños.
Esta é a proposta para esta semana:
- Percorrido: ata o Monte Neme, coñecendo historias de meigas e de minas.
- Distancia: 17 km, aproximadamente
- Dificultade: media
- Saída dende Carballo: rúa Venezuela, ás 08.15 horas.
- Incricións: ata dous días antes na base de Protección Civil (antigo ambulatorio), de luns a venres de 09.30 a 13.30 horas.
- Prezo: maiores de idade: 7€ (5 para socios/as), menores de idade: 5€ (3 para socios/as).
- + información: www.sendanova.org