Imos de "Viaxe pola Galicia encantada" cos Ratos de Lonxedetodo
Mércores 3 de novembro do 2021 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura
Nesta primeira visita da tempada dos Ratos de Lonxedetodo a Carballo, o rato Fuco e a ratiña Faifá fan un percorrido polas nosas tradicións máis antigas: lendas asociadas a lugares marabillosos, danzas que invocan aos elementos naturais, cancións infantís do noso folklore e contos de tradición oral cuxa orixe se perde na noite dos tempos.
Poderán nenos e nenas de 4, 5, 7 e 8 anos acompañados/as por unha persoa adulta por neno/a ou grupo de nenos/as. Podes reservar praza dende unha semana antes no número de teléfono 981758580. A entrada é de balde.
Organiza: Concellaría de Cultura