María Faltri e Jorge Juncal pechan as Tardes de Conto con "Soñando inventei"
Mércores 13 de outubro do 2021 17.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa e streaming Cultura
Soñando inventei é un espectáculo musical no que a través da escolla de cancións se traballa o tema da diversidade e a igualdade de xénero. As cancións que se interpretan forman parte do libro disco “Fantasía coas palabras” publicado pola editorial Galaxia. Con esta aventura emprenderemos unha viaxe emocional ao centro dos soños, unha proposta onírica e valente que mestura música e poesía para nos falar de personaxes femininas que soñan con sentirse en paz e liberar os seus segredos, personaxes que non queren ser xulgadas polo seu aspecto ou identidade, libres para ser elas mesmas e chegar a tocar a lúa.
Música: Jorge Juncal
Voz e interpretación: María Faltri
Duracion: 50'
Público: nenos e nenas de 4 a 10 anos. Máximo unha persoa adulta por neno ou grupo de nenos conviventes
Entradas: de balde previa inscrición telefónica no 981 75 85 80
A función retransmitirase por streaming (Facebook e Youtube da biblioteca, de Cultura Carballo e do Concello de Carballo)
Evento incluido no programa de animación á lectura Ler Conta Moito (Xunta de Galicia)
Organiza: Concellaría de Cultura