31 establecementos participan no "Merca e Dillo" do CCA
Do xoves 26 de agosto ata o domingo 29 de agosto do 2021 Horario comercial Participación veciñal
O CCA Carballo celebra a cuarta edición do Merca e Dillo.
Debido á situación sanitaria, para garantir todas as medidas de prevención e aforo recomendadas, celebrarase nos propios establecementos participantes os días 26, 27, 28 e 29 de agosto.
Participan na actividade 31 comercios dos sectores máis variados. Aínda que o máis numeroso é o sector de moda (téxtil, deporte, calzado, complementos,...), tamén podemos atopar xoguetes, electrodomésticos, tecnoloxía, óptica, colchóns... Os descontos alcanzan nalgúns casos o 70 % en artigos de máxima calidade, como ofrece a diario o noso comercio local.
Ademais de cartelería ou publicidade propia, os establecementos participantes gozarán dunha decoración diferenciadora que os visibilizará con claridade.
A actividade conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Carballo e a Deputación da Coruña.
Establecementos participantes
- Akira
- Dequip
- D&A Complementos
- Zocas
- Moda Suárez
- Benetton
- Zapatillería Isabel
- Atelier
- Confecciones San Juan
- Comercial Queijo
- Style
- Cenor Carballo
- Retoños
- DV Carballo
- Jorge Moda
- Ekate
- Poppy
- Calzados Susa
- Zapatería Esther
- Óptica Enríquez
- Teirón
- Lencería Mª José
- Buy&Sell
- A Fragua
- Doces Soños
- Bambalina
- Xoguetería Merliño
- Charanga
- O barco dos soños
- Informática Valem
- Teirón