Inicio O Concello Axenda institucional Presentación en rolda de prensa do...

Presentación en rolda de prensa do festival de fin de curso e exhibición de capoeira que terá lugar os días 11 e 12 de xuño

Xoves 9 de xuño do 2016 Casa do Concello - 12.00h

Exhibición de capoeira

Festival de capoeira

A Casa do Concello acolle a presentación en rolda de prensa do festival de fin de curso e exhibición de capoeira que terá lugar os días 11 e 12 de xuño a cargo da Asociación Capoeira Bergantiños e Abadá. A cita contará coa presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; do Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; e de representantes da entidade organizadora, a Asociación Capoeira Bergantiños e Abadá, ademais de do cinco veces campión europeo de Capoeira, Profesor Ator.

Compartir: