A Tropa de Trapo presenta "Un barquiño de pau"
Mércores 25 de agosto do 2021 13.00 horas - Praia de Razo Cultura
Canta, Buguina, canta!
Soprando a nosa buguina, comezaremos a nosa viaxe nun Barquiño de Pau. Veremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas.Cantaremos cancións de gaivotas e moverémonos coma nécoras. E tamén con moita música, ao son do acordeón, da mandola portuguesa, do dizi chinés ou co propio corpo.
Entrada de balde, con reserva previa na Biblioteca Rego da Balsa (981758580) ou na caseta da Praia dos Libros.
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Xunta de Galicia - Xacobeo 21-22