A película galega "Ons" pecha as Noites de Cine
Xoves 19 de agosto do 2021 22:00 horas - Rúa Jacinto Amigo Cultura
Vicente e Mariña viaxan a Ons para pasar o verán. El aproveitará as vacacións para recuperarse dun accidente e das súas consecuencias psicolóxicas. Co paso dos días, o matrimonio irá descubrindo segredos gardados da súa relación de parella.
Película premiada co Premio Mestre Mateo 2021 á Mellor película.
Rúa Jacinto Amigo/ 22.00 h.
87 minutos/Maiores de 12 anos
Entrada libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña