Inicio Carballo ao día Axenda Ruta literaria guiada polos autores do libro...

Ruta literaria guiada polos autores do libro "O río Anllóns"

Sábado 3 de xullo do 2021 11.00 horas - Saída da Ponte de Bértoa

A Concellaría de Cultura e o Instituto de Estudos Bergantiñáns programan unha ruta guiada polas ribeiras do Anllóns para dar a coñecer sobre o terreo o contido do libro "O río Anllóns. Arteria principal de Bergantiños", un traballo en equipo de Fernando Cabeza Quiles, Evaristo Domínguez Rial, Xan X. Fernández Carrera, Antón García Losada e Luís A. Giadas Álvarez. Os propios autores serán os encargados de guiar a camiñata, que arrincará na Ponte de Bértoa ás 11:00 horas e rematará no Parque do Anllóns sobre as 13:00 horas. Ao final do percorrido realizarase unha sinatura de libros no Pazo da Cultura. 

As persoas que queiran participar deben inscribirse previamente enviando os seus datos persoais e de contacto a biblioteca@carballo.gal ou chamando ao teléfono 981 758 580.

Compartir:


- 2024 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
3