Ampliamos a exposición das edicións XXII e XXIII do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís
Do luns 3 de maio ata o mércores 23 de xuño do 2021 18.30 a 21.00 horas - 3º andar do Pazo da Cultura Cultura
Ata o 23 de xuño poderá visitarse no Pazo da Cultura unha mostra das fotografías gañadoras das edicións 22ª e 23ª, xa que a pandemia impediu realizar a exposición o ano pasado, xunto cunha pequena selección realizada polo xurado das obras presentadas ao certame. A Concellaría de Cultura decidiu ampliar a mostra ata o San Xoán.
José Ignacio Vizoso Pena é o gañador da 23ª edición. A súa obra Tienda de arte acadou o primeiro premio, dotado con 1.500 euros e diploma. O segundo, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz e dotado con 750 euros e diploma, é para a fotografía titulada Entroido, de Cándido Díaz Mosquera, que foi o gañador do ano 2000, e o Premio Especial Carballo, que consta de 500 euros e diploma, corresponde a El sueño del pescador, de Ángel Atanasio Rincón, fotógrafo de Ciudad Real tamén coñecido no noso concello porque foi o gañador da 20ª edición do certame.O xurado tamén decidiu outorgar accésits, patrocinados por Interfilm Carballo e dotados con 150 € e diploma cada un deles, ás fotografías Atrapada, de José Ángel Arias Tomás, e A fiestra dende a que non te vexo, de Marcos Rodríguez Cotelo, fotógrafo carballés que conta no seu haber con varias edicións do premio Xosé Manuel Eirís.
Polo que respecta á 22ª edición, o gañador foi o fotógrafo pontevedrés Antonio Gutiérrez Pereira, que xa estivera en Carballo no ano 2018 para recoller un accésit do 20º Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, e nesta ocasión acadou o 1º premio coa imaxe titulada Reconquista. Nos dez anos que leva detrás do obxectivo conseguiu crear un estilo propio de retratos, cun “toque conceptual e surrealista”, como el mesmo o O segundo premio foi para Noé Blanco Carracedo (A Rúa-Ourense) polo seu traballo Estructura dual. O Premio Especial Carballo foi para Fernando Román Areán, do Milladoiro (Ames), pola fotografía titulada O paraíso de Eva. Ademais, o xurado decidiu conceder dous accésits ás fotografías En el campo, de Xavier Ferrer Chust, de Vila-Real (Castellón), e Mestura secular, da carballesa Camila Guadalupe Pitrelli Vázquez.