Inicio Carballo ao día Axenda Accións formativas para entidades...

Accións formativas para entidades deportivas das comarcas de Bergantiños e Terra de Soneira

Do mércores 5 de maio ata o martes 25 de maio do 2021 Deporte

A Deputación de A Coruña, dentro da súa programación para o ano 2021, pon en marcha unhas accións formativas online para os clubs e entidades de toda a provincia enmarcadas no programa “Comunicación a través das redes sociais". Serán 7 accións formativas distribuídas polas distintas comarcas, con 50 participantes en cada unha delas. No caso de Bergantiños e Terra de Soneira, as actividades desenvolveranse entre o 5 e o 25 de maio.

Para poder participar os/as interesados/as terán que cubrir a ficha que se axunta e presentala a través da sede electrónica da Deputación. Máis información no tríptico que podes descargar máis abaixo.

Descargas

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D