Inicio Carballo ao día Axenda "Tres vellas (polo menos), con Guti, Celso...

"Tres vellas (polo menos), con Guti, Celso Sanmartín e Quico Cadaval

Xoves 18 de marzo do 2021 20.00 horas - Auditorio do Pazo da Cultura Cultura

Quico Cadaval, Celso Sanmartín e José Luís Gutiérrez "Guti" presentan o espectáculo Tres vellas (polo menos), palabras cruzadas de tres grandes contadores, cun repertorio con contos que foron contados por vellas, a quen llos contaron outras. Unha progresión xeométrica de vellas. Estes grandes contadores de historias que conflúen neste espectáculo son narradores que posúen un universo propio e unha voz singular, cunha maneira especial de contar, que farán que os espectadores, ao rematar, saian soñando co prato fumegante da memoria.

Autores e intérpretes: José L. Gutiérrez “Guti”, Celso Sanmartín e Quico Cadaval.
Iluminación: Pepe Quintela.
Dirección e dramaturxia: José L.Gutiérrez “Guti”.
Duración: 90 minutos
Público: a partir de 13 anos
Entradas: 4€/3€. Venda anticipada en www.ataquilla.com (gastos de xestións) e o mesmo día do espectáculo na billeteira do Pazo da Cultura dende 90 minutos antes do inicio da actuación.

Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4