Inicio Carballo ao día Axenda Proxección do documental...

Proxección do documental "Hamada", de Eloy Domínguez Serén

Xoves 4 de marzo do 2021 19.30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Debido á suspensión de actividades culturais no mes de marzo do ano pasado, quedaron pendentes de programar dous documentais galegos. Un deles é "Hamada", do galego Eloy Domínguez Serén.

Con vitalidade e humor, Hamada é o insólito retrato dun grupo de amigos que viven nun campamento de refuxiados no deserto do Sahara, que se reinventa día a día nun lugar onde nada semella cambiar.

Palmarés: Premio á mellor película española e mellor director español no Festival de cine de Xixón 2018, Mellor Director Emerxente, Porto / Post /Doc, Portugal, 2018; Mellor Ópera Prima e Premio xuvenil do xurado, Cinéma du Réel, Francia, 2019; Premio ao Documental – Tempo Film Festival, Suecia, 2019, entre outros. 

O acceso ás proxeccións, que se realizan no Pazo da Cultura, é gratuíto e libre ata completar aforo. Reserva previa en culturaentradas@carballo.gal

Compartir:


- 2021 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
11
13
15
17
19
20
21
22
29
30