Inicio Carballo ao día Axenda "Ovos, letras e galiñas", cos...

"Ovos, letras e galiñas", cos Ratos de Lonxedetodo

Mércores 3 de marzo do 2021 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa e streaming Cultura

Os Ratos de Lonxedetodo, de Trinketrinke Teatro, volven á Biblioteca Rego da Balsa para seguir contando historias de aquí e de acolá aos nenos e nenas de 5, 6 e 7 anos. Aínda quedan prazas para asistir en directo, que poden reservarse chamando ao número de teléfono 981 758 580. Pero tamén poderá seguirse o espectáculo dende a casa en directo a través das canles de YouTube do Concello de Carballo e da Biblioteca Rego da Balsa, así coma das páxinas de Facebook de BibliotecasCultura Carballo e Concello de Carballo.

No conto desta semana, o rato Fuco acode á biblioteca co seu curmán Pillo. Este rato comellón aínda non sabe ler. Carolina decide ensinarlle utilizando un método revolucionario da súa invención. Ó remate da clase, cando chegue a Lonxedetodo, poderá merendar os deliciosos ovos que poñen as galiñas do seu galiñeiro.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4